UUAA SOLICITA RACIONALIZAR A DISTRIBUCIÓN DAS AXUDAS DOS PLANS DE MELLORA PARA AS GRANXAS DA PROVINCIA DE LUGO

Case a metade das solicitudes de axuda presentadas en toda Galicia, corresponden a explotacións radicadas en terras luguesas

Santiago, 18 de novembro de 2024.- Unións Agrarias insiste en pedir que se agrupe o orzamento previsto os anos 2024 e 2025 para os Plans de mellora das explotacións a fin de poder dar resposta ao volume de solicitudes presentadas nesta convocatoria, mais de 2.000, fronte a unha dispoñibilidade orzamentaria prevista similar a do exercicio anterior e que deixaría fora practicamente ao 90% dos expedientes. Unha situación que suporía expulsar a moitos mozos e mozas da actividade agrogandeira, que si ben recibiron un incentivo para a incorporación a gandaría, agora pode ver denegada a solicitude para poder poñer en marcha a súa granxa.

A provincia de Lugo suma un total de 671 solicitudes de Plans de Mellora e 241 Axudas de Incorporación (159 de menores de 41 anos e 82 entre 41 e 55 anos) , o que equivale á metade do total dos expedientes de axudas á modernización das granxas e 4 de cada 10 solicitudes de acceso á actividade. Isto nos pode dar unha idea do problema na provincia de Lugo, sobre todo tendo en conta que os principais damnificados polo rexeitamento de expedientes na presente convocatoria van a ser tres activos especialmente sensibles polo impacto que teñen sobre o territorio e a demografía, as granxas de vacún de carne situadas en zonas de montaña e con incorporacións novas.

Na liña da preocupación manifestada polo Goberno galego respecto do envellecemento da base produtora, e que se concreta en que na próxima década, 2 de cada 3 gandeiros se xubilarán, Unións Agrarias propón que logo de concentrar os orzamentos 2024/25 se habilite unha nova partida no Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC), en base a fondos que non tiveran execución, para programar unha nova convocatoria de Plan de Mellora, con isto evitaríamos deixar fora a moitos solicitantes e aforraríamos tempo e burocracia evitando unha nova tramitación de expedientes.

As axudas para mellora de explotacións e incorporación de mocidade á actividade agrogandeira representan unha inxección económica vital, non só para o potenciamento do sector agrogandeiro galego, senón tamén polo pulo que supoñen para moitísimas pequenas empresas de servizos e construción radicadas en pequenas vilas, para as que as obras nas granxas supoñen un dos principais motores de aceleración da súa actividade. Nos plans de mellora, Xunta e Ministerio so aportan o 21% do total, xa que o resto corresponde a financiamento europeo.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias