As EMPRENDEDORAS GALEGAS IMPULSAN OS SEUS NEGOCIOS CUN PROGRAMA DE INTERCAMBIO DE RURALTIVITY

Dúas mulleres rurais galegas de FADEMUR reforzan os seus emprendementos, formándose a través da experiencia doutras emprendedoras rurais e colaborando entre produtoras No marco do Día Internacional das Mulleres Emprendedoras, a Fundación PepsiCo reinvindica o importante rol da muller na sociedade e a economía do país, poñendo o foco nas iniciativas de emprendedoras rurais

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2024-. Dúas mulleres rurais de Galicia, socias de FADEMUR, participaron no programa de intercambios impulsado pola organización coa axuda da Fundación PepsiCo para reforzar os seus negocios no último ano. A iniciativa, enmarcada na lanzadeira de FADEMUR Ruraltivity, ten o obxectivo de crear comunidade compartindo experiencias e coñecementos para que poidan impulsar os seus proxectos. No marco do Día Internacional das Mulleres Emprendedoras -que se celebra hoxe 19 de novembro-, a Fundación PepsiCo reivindica o importante rol das emprendedoras na sociedade e a economía do país, poñendo o foco nas iniciativas de emprendedoras rurais.

Raquel García de Labrecos, en Cesuras, contou coa visita de Verónica Page, que viaxou dende Lugo ata a localidade coruñesa para participar nunha inmersión de tres días. Nos meses posteriores, a colaboración motivounas a seguir formándose a través da experiencia doutras emprendedoras rurais e a colaborar entre produtoras.

Desde o noso intercambio, estou a participar na formación local dunha Sociedade Agraria de Transformación (SAT) que brinda un Obradoiro Compartido onde elaboramos inicialmente unha produción de empanadas de legumes” achega Verónica Page de Lugo, que engade que “tamén me expuxen a posibilidade de desenvolver talleres de bioconstrucción co obxectivo de restaurar casas de paredes de pedra da zona para que poidan volver habitarse.”

O intercambio motivounos a montar un tear que tiñamos pendente desde 2020” sinala Raquel García. “A gran complementación e complicidade que tivemos levounos a valorar a posibilidade de organizar talleres de oficio de outrora de aproveitamento dos recursos, entre os que contemplamos unha xornada xunto a Verónica para traballar a la de ovella na que é experta”, conclúe.

No programa de intercambio participaron outras dez emprendedoras rurais da Rexión de Murcia, Estremadura, Cataluña, Castela e León e Castela-A Mancha, que colaboraron para potenciar o funcionamento dos seus negocios, aplicando novas ferramentas e recursos e incorporando novas maneiras de operar no seu día a día.

As xornadas de intercambio permitiron ás emprendedoras rurais crear unha rede de apoio na que poidan aprender unhas das outras e crear fortes lazos de apoio entre elas” asegura Andrea Pont, directora da Fundación PepsiCo para Europa. “Seguiremos apoiando ás mulleres rurais nos seus proxectos profesionais para visibilizar ao papel fundamental que exercen no mundo rural a nivel social e económico”, engadiu.

Con esta iniciativa queremos mostrar ás emprendedoras diferentes formas de producir e diversificar os seus negocios, para ser máis sostibles, rendibles e resilientes”, explicou Teresa López, presidenta de FADEMUR. “Ademais, esta experiencia fortalece a rede que tecemos en FADEMUR, grazas á que as mulleres rurais somos máis fortes”, apuntou.

A Fundación PepsiCo, o brazo filantrópico de PepsiCo, inviste nos elementos esenciais dun sistema alimentario sostible coa misión de apoiar ás comunidades para a súa prosperidade. Traballando con organizacións sen fins de lucro e expertos en todo o mundo, enfocámonos en axudar ás comunidades para obter acceso á seguridade alimentaria, auga potable e oportunidades económicas. Queremos lograr un impacto tanxible nos lugares onde vivimos e traballamos, colaborando con compañeiros do sector, organizacións locais e internacionais e os nosos empregados para lograr cambios a gran escala nos problemas de importancia global. Para máis información: www.pepsicofoundation.com ou vista www.pepsico.es e síguenos en Twitter (@PepsiCo_ESP).

A Federación de Asociacións de Mujeres Rurais (FADEMUR) é a organización progresista que representa, defende e presta servizos a miles de mulleres que viven e traballan no medio rural de España. Reforzando o labor que veñen desenvolvendo as asociacións de mulleres rurais que a integran, FADEMUR persegue que as mulleres rurais alcancen a igualdade laboral e social e, desta forma, mellorar a súa calidade de vida e a das súas comunidades.

Para máis información: www.fademur.es/y siga Facebook (Fademur), Instagram (@fademur), Youtube (@Fademur_mujeresrurales), LinkedIn (Fademur) e Twitter (@fademur).

Os consumidores gozan dos produtos de PepsiCo máis de mil millóns de veces ao día en máis de 200 países e territorios de todo o mundo. PepsiCo xerou máis de 91 mil millóns de dólares en ingresos netos en 2023, impulsada por unha carteira complementaria de bebidas e alimentos convenientes que inclúe Lay’s, Doritos, Cheetos, Gatorade, Pepsi-Cola, Mountain Dew, Quaker e SodaStream. A carteira de produtos de PepsiCo inclúe unha ampla gama de alimentos e bebidas, entre os que se atopan moitas marcas icónicas que xeran máis de mil millóns de dólares cada unha en vendas anuais.

PepsiCo se guía pola nosa visión de ser o líder mundial en bebidas e alimentos convenientes gañando con pep+ (PepsiCo Positive). pep+ é a nosa transformación estratéxica integral que pon a sustentabilidade e o capital humano no centro de como crearemos valor e crecemento operando dentro dos límites do planeta e inspirando un cambio positivo para o planeta e as persoas.

Para máis información, visite pepsico.es e síganos en X (Twitter).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias