UUAA PIDE CONTROL DEBIDO Á COMPETENCIA DESLEAL DAS CARNES DE SALDO IMPORTADAS DE MERCOSUR

A organización agraria reúne en Lugo a 300 gandeiros para analizar o futuro do sector cárnico de vacún na provincia

Lugo, 3 de decmebro de 2024.- Unións Agrarias xuntou hoxe en Lugo a 300 gandeiros para analizar os retos de futuro do sector de vacún de carne tendo en conta as dificultades derivadas da comercialización da produción e do impacto de enfermidades como a EHE.

UUAA denuncia a competencia ilegal que supón para as granxas galegas o feito de que nos lineais se atope carne procedente de Brasil ou Arxentina moi por debaixo dos custes de produción que ten unha explotación de Lugo. Tendo en conta a gran diferencia de esixencias ambientais, laborais ou benestar animal que operan dentro e fóra da Unión Europea.

Desde a organización agraria insístese en pedir a solidariedade das cadeas de distribución que operan en Galicia para que sigan o exemplo de Carrefour ou Intermaché e Francia e demostren ter un compromiso real coas explotacións de gando de carne galegas, priorizando a venta da súa produción sobre a procedente de países extracomunitarios polos efectos perniciosos que xeran estes acordos comerciais inxustos como se están armando co Mercosur.

En provincias como Lugo, a gandería de carne ten un carácter estratéxico porque supón o derradeiro soporte económico e social para comarcas enteiras, nas que o despoboamento e o colapso demográfico son xa unha realidade. E destaca o imprescindible papel que realizan dende o punto de vista da xestión do territorio e a prevención dos lumes. En Galicia temos 20.000 explotacións de carne de vacún das que 8.000 están inscritas en Ternera Gallega e 6.000 poden considerarse profesionais. O 32% das mesmas atópanse en zonas de montaña: en torno a 2.500.

Neste sentido, desde a organización agraria afírmase que tanto desde o punto de vista social, económico e mesmo nutricional, pensando xa nas persoas consumidoras, resulta imprescindible un control efectivo sobre a entrada de produtos cárnicos e a colaboracións das grandes superficies para evitar as prácticas enganosas de facer pasar por carne galega aquelo que non o é.

A organización agraria rexeita que se use, unha vez mais, ao sector gandeiro como moeda de cambio nos negocios comerciais entre a Unións Europea e terceiros países. Sexa agora co acordo con Mercosur ou na guerra comercial de hai uns meses con China polos aranceis a importación de coches asiáticos. O sector primario sempre leva as de perder porque estas incertezas son aproveitadas por determinadas industrias para tentar introducir novas baixadas nas cotizacións en orixe.

Galicia produce cantidade e calidade e temos unha forte vocación exportadora. Todo acordo comercial que rubrique España debe orientarse a potenciar ese liderado e lograr que o sector primario español siga apoiando á nosa economía, achegando á nosa balanza comercial e dando oportunidades ás zonas rurais. Nese sentido é imprescindible que se aplique sempre o principio das cláusulas espello.

Axudas a polo lucro cesante as granxas con EHE

No marco da xornada Unións Agrarias valorou positivamente a vontade da Xunta de redeseñar o valor das subvencións concedidas en caso de morte de animais para buscar un tratamento igualitario e rematar coa incongruencia que está a darse neste momento, cuns importes totalmente diverxentes dependendo de se o animal morreu por enfermidade ou por ataque do lobo. A mellora das axudas previstas debe de ir acompañada da cobertura do lucro cesante provocado pola redución da produción e os abortos. Neste sentido, debe de abarcarse o período que vai desde que o animal enferma ata que se repón por outro. Para poder complementar os fondos destinados aos gandeiros será preciso trasladar a Unión Europea un traslado de fondos do PDR para poder ampliar a dispoñibilidade orzamentaria.

Plans de mellora mais dotados para Lugo

A provincia de Lugo suma un total de 671 solicitudes de Plans de Mellora e 241 Axudas de Incorporación (159 de menores de 41 anos e 82 entre 41 e 55 anos) , o que equivale á metade do total dos expedientes de axudas á modernización das granxas e 4 de cada 10 solicitudes de acceso á actividade. Isto nos pode dar unha idea do problema na provincia de Lugo, sobre todo tendo en conta que os principais damnificados polo rexeitamento de expedientes na presente convocatoria van a ser tres activos especialmente sensibles polo impacto que teñen sobre o territorio e a demografía, as granxas de vacún de carne situadas en zonas de montaña e con incorporacións novas. Na liña da preocupación manifestada polo Goberno galego respecto do envellecemento da base produtora, e que se concreta en que no próximos 10 anos 2 de cada 3 gandeiros se xubilarán, Unións Agrarias propón que logo de concentrar os orzamentos 2024/25 se habilite unha nova partida no Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC), en base a fondos que non tiveran execución, para programar unha nova convocatoria de Plan de mellora, con isto evitaríamos deixar fora a moitos solicitantes e aforraríamos tempo e burocracia evitando unha nova tramitación de expedientes.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias