NORMATIVA DO DÍA 11 DE DECEMBRO DO 2024

Modificación do prego de condicións da DO Valdeorras.

DOG 11 DE DECEMBRO (238)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Consellería de Medio Ambiente.- Decreto 192/2024, do 9 de decembro, polo que se modifica o Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. (Dótanse aos departamentos territoriais de servizos específicos nos eidos de enerxías renovables e de xestión de ordenación do litoral).

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

DO Valdeorras.- Resolución do 11 de novembro de 2024 pola que se aproba unha modificación do prego de condicións da denominación de orixe protexida Valdeorras e pola que se lle dá publicidade.

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Esgotamento do crédito.- Resolución do 2 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito destinado á concesión das axudas aos investimentos en equipamento en Galicia, convocadas pola Resolución do 29 de xullo de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 146, do 30 de xullo) (código de procedemento IG408I). (Os 6,4 M€ esgotáronse en 2h e 11 minutos).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Instalacións eléctricas.- Anuncio do 21 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello Mazaricos (expediente IN407A 2023/391-1).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 21 de novembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado San Salvador de Padreiro, no concello de Santa Comba.

CMVMC.- Anuncio do 22 de novembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 126/78 e vinte e cinco máis.

CMVMC.- Anuncio do 22 de novembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 123/76 e vinte e cinco máis.

BOP Lugo 11 DE DECEMBRO (285)

XOVE

Extracto.- Da resolución de alcaldía Nº 2024-1687 de 4 de decembro de 2024 pola que se aproba a convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva e tramitación anticipada das axudas a explotacións gandeiras de gando vacún do concello de Xove para o exercicio 2025.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias