NORMATIVA DO DÍA 20 DE DECEMBRO DO 2024

Axudas para paliar os danos producidos polo xabaril e o lobo. Modificacion do prego da IXP Castaña de Galicia. Plan Renova o teu vehículo.

BOE 20 DE DECEMBRO (306)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Convenios.- Resolución de 12 de diciembre de 2024, de la Dirección General de Producciones y Mercados Agrarios, por la que se publica la Adenda de prórroga del Convenio con la Asociación Nacional de Cría y Engorde del Caracol, para impulsar y promocionar el sector helicícola, por el que ambas organizaciones se comprometen a trabajar en el fomento sostenible de la helicicultura como producción ganadera.

V. ANUNCIOS

COMUNIDAD DE REGANTES PORTO MUROS (COVELO)

Convocatoria.- Anuncio de la Comunidad de Regantes Porto Muros sobre convocatoria de Junta.

DOG 20 DE DECEMBRO (245)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Convocatoria.- Orde do 3 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas ao fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT723A). (Extracto)

Convocatoria.- Orde do 3 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT809E). (Extracto) (Para danos comunicados do 11.10.24 ata o 10.10.25. Importe máximo por persoa beneficiaria 2.750€)

Convocatoria.- Orde do 3 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT809B). (Extracto) (Para danos comunicados do 01.10.24 ata o 30.09.25)

Ampliación do orzamento.- Orde do 17 de decembro de 2024 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT809B). (612.724€ iniciais + 300.000€ = 912.724€)

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Convocatoria.- Resolución do 5 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renova o teu vehículo, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada, para a anualidade 2025 (códigos de procedemento IN421T e IN421U). (Extracto)

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

IXP Castaña de Galicia.- Resolución do 11 de decembro de 2024 pola que se aproba unha modificación do prego de condicións da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e pola que se lle dá publicidade.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 29 de novembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Vilaboa, no concello de Allariz.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias