DOG 2 DE XANEIRO (1)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERIA DO MEDIO RURAL
Convocatoria. ORDE do 29 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para o control de rendemento leiteiro ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR270B).(EXTRACTO)
Convocatoria. ORDE do 29 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR536A). (EXTRACTO)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Instalación eléctrica. ACORDO do 19 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto da LAT 132 kV evacuación parque eólico Uxo, situada nos concellos de Avión, na provincia de Ourense, e A Lama, na provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/174).
CONSELLERIA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Instalación eléctrica. RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2024/205 AT).
Instalación eléctrica. RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2024/245-4).