UUAA PIDE QUE SE AMPLIE O PRAZO DE TRAMITACIÓN DA REVISIÓN DE COTAS DOS AUTÓNOMOS AGRARIOS

A nota telemática da Seguridade Social choca coa fenda dixital do rural

Santiago, 21 de xaneiro de 2025.- Unións Agrarias solicita a Tesourería da Seguridade Social unha ampliación do prazo de regularización das cotas en relación aos rendementos netos obtidos explotacións agrogandeiras. As primeiras notificacións que están chegando as granxas fixan como data final o 31 de xaneiro para comunicar conformidade ou modificacións.

Estas comunicacións electrónicas poden queda sen abrir porque en ocasións non se poden descargar por falta de medios técnicos ou coñecementos por parte do produtor autónomo. Unha circunstancia que de producirse vai a ter importantes repercusións posto que segundo a cotización que fagan o importe económico das súas prestacións (incapacidade temporal – baixas médicas, incapacidade permanente, xubilacións etc.) vaise ver afectado.

A organización agraria advirte de que se poden dar casos nos que pola falta de pericia da persoa, por errores no datos de contacto ou ben porque non teñan representación autorizada no sistema Red da Seguridade Social, queden autónomos agrarios sen poder manter a base de cotización.

Hai que ter en conta que nesta época concentrase unha forte carga burocrática nas explotacións polo que desde UUAA se pide que se amplie o prazo para evitar problemas innecesarios a un colectivo profesional que se atopa en gran medida preto da xubilación.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias