NORMATIVA DO DIA 24 DE XANEIRO DE 2025

Subvencións para a prevención de incendios. Plan Galicia emprega de incentivos á contratación.

DOUE 24 DE XANEIRO (20)

I. DISPOSICIONES GENERALES

CORTES GENERALES

Productos agrícolas.- Reglamento Delegado (UE) 2025/70 de la Comisión, de 21 de noviembre de 2024, por el que se modifica Reglamento Delegado (UE) 2015/1829 que completa el Reglamento (UE) n.o 1144/2014 del Parlamento Europeo y del Consejo, sobre acciones de información y de promoción relativas a productos agrícolas en el mercado interior y en terceros países.

DOG 24 DE XANEIRO (16)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Convocatoria e modificación das bases.- Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se modifica parcialmente a Orde do 13 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2023-2025 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2023, e se efectúa a terceira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2025 (código de procedemento TR301P). (Extracto)

Convocatoria.- Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR342C). (Extracto) (Do 31.01.25 ata o esgotamento do crédito. Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas, incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo, incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses e axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e agrupacións forestais de xestión conxunta, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027 e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR651A). (Extracto)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias