DOUE 28 DE XANEIRO
REGLAMENTOS
Programa escolar.- Reglamento Delegado (UE) 2025/162 de la Comisión, de 25 de noviembre de 2024, por el que se modifica el Reglamento Delegado (UE) 2017/40 en lo que respecta al seguimiento de la aplicación del régimen de ayudas de la Unión para el suministro de frutas y hortalizas, plátanos y leche en los centros escolares. (Ya no es necesario indicar el precio medio de las porciones)
DOG 28 DE XANEIRO (18)
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE
Dependencia.- Decreto 2/2025, do 20 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade. (Creación dun Servizo de Dependencia e dun Servizo de Discapacidade nos departamentos territoriais)
II. AUTORIDADES E PERSOAL
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Cesamento.- Decreto 3/2025, do 27 de xaneiro, polo que se dispón que cese Jacobo José Aboal Viñas como director da Axencia Galega da Industria Forestal.
Nomeamento.- Decreto 4/2025, do 27 de xaneiro, polo que se nomea director da Axencia Galega da Industria Forestal a Alfredo Fernández Ríos.
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE
Convocatoria.- Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas económicas a través do Bono Emancípate, no ano 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT501B). (Extracto)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Edicto do 10 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Solveira, no concello de Xinzo de Limia.
CMVMC.- Anuncio do 10 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes do monte veciñal en man común Valdegolado, con propiedades particulares, no concello de Manzaneda.
CMVMC.- Anuncio do 13 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión de esbozo do monte veciñal en man común Laxa Corga, Rebordechá e Leboreiro, San Martín e Val do Santo, e Almocela, no concello de Muíños.
CMVMC.- Anuncio do 13 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes do monte veciñal en man común Monte Vilar do Barrio, con propiedades particulares, no concello de Vilar de Barrio.
COMUNIDADE DE REGADORES DE VILÁN (FORNELOS DE MONTES)
Anuncio.- da exposición pública dos estatutos.
BOP A Coruña 28 DE XANEIRO (18)
VIMIANZO
Natalidade.- Extracto da convocatoria de axudas a favor da natalidade do concello Vimianzo.
BOP Pontevedra 28 DE XANEIRO (18)
PONTEVEDRA
Viño.- Acordo da xunta de goberno local do concello de Pontevedra de data 16/01/2021 verbo da actualización da contía mínima da póliza de seguro dos furanchos e loureiros en Pontevedra.