DOUE 3 DE FEBREIRO
TRIBUNAL GENERAL
FEAGA y FEADER.- Asunto T-508/22: Sentencia del Tribunal General de 20 de noviembre de 2024 – España/Comisión (FEAGA y Feader – Gastos excluidos de la financiación por la Unión – Gastos efectuados por España – Condicionalidad – Control de los requisitos legales de gestión). (Se anula la decisión de excluir de la financiación 9,9M€ y se condena en costas a la Comisión Europea)
DOG 3 DE FEBREIRO (22)
II. AUTORIDADES E PERSOAL
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
IXP Augardentes e Licores.- Orde do 22 de xaneiro de 2025 pola que se nomean as persoas que ocuparán a presidencia e a vicepresidencia do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Encargos.- Resolución do 22 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade a varios encargos realizados ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e a súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).
Encargas.- Resolución do 22 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade de varias encargas realizadas ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).
Convenio.- Resolución do 24 de xaneiro de 2025 pola que se publica a oitava addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.
Pataca.- Resolución do 24 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se actualizan as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena Tecia solanivora Povolny, ou couza guatemalteca da pataca, na Comunidade Autónoma de Galicia.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Expropiación.- Resolución do 20 de xaneiro de 2025 pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do proxecto construtivo do apartadoiro ferroviario na plataforma loxística-industrial Salvaterra de Miño-As Neves.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Edicto do 15 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Picouto dos Corvos, a favor da comunidade de montes veciñais en man común de Fragoso, no concello de Castrelo de Miño.
CMVMC.- Anuncio do 15 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Monte de Cepeda da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cepeda, no concello de Pazos de Borbén (expediente RE22015).
CMVMC.- Anuncio 15 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Chan da Ribeira e outros da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Ribeira, no concello de Crecente (expediente RE22014).
Montes abertais.- Anuncio do 20 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se require información complementaria necesaria para a inscrición definitiva daqueles montes abertais dos cales non se conta con toda a información precisa para a súa inscrición no Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo, e dos que se descoñecen os seus titulares. (Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, Baralla, A Fonsagrada e Folgoso do Courel)
BOP A Coruña 3 DE FEBREIRO (22)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Premio.- Bases do IX Premio “Begoña Caamaño” á acción cultural pola igualdade de xénero.
BOP Lugo 3 DE FEBREIRO (27)
DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA. ÁREA DE INDUSTRIA E ENERXÍA
Parques eólicos.- Corrección de errores al Anuncio de 27 de diciembre de 2024, del Área Funcional de Industria y Energía de la Delegación del Gobierno en Galicia, por el que se somete, al trámite de Información Pública (IP), la solicitud de autorización administrativa previa (AAP) y el estudio de impacto ambiental (EsIA), de la instalación eólica «SATREBARES» de 125 MW de potencia instalada, y su infraestructura de evacuación, en los términos municipales de Guitiriz (Provincia de Lugo), y Monfero, Abegondo, Aranga, Curtis y Oza-Cesuras (Provincia de A Coruña), promovido por la mercantil «MARACAIBO SOLAR, S.L.U.». Referencia del expediente: PEol-910.
BOP Pontevedra 3 DE FEBREIRO (22)
LALÍN
Extracto.- Da convocatoria do XIX Premio ás Mulleres “Dna. Maruja Gutiérrez” 2025.