NORMATIVA DO DIA 4 DE FEBREIRO DE 2025

Axudas para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros. Novo prazo de presentación de solicitudes de axudas do IGAPE.

BOE 4 DE FEBREIRO (30)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE INDUSTRIA Y TURISMO

Extracto.- de la Resolución de la Fundación EOI, F.S.P. de fecha 31 de enero de 2025 por la que se aumenta la cuantía total máxima de las ayudas dirigidas a impulsar la transformación digital a través de la iniciativa «Activa Crecimiento» en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia y se levanta la suspensión del plazo de presentación de solicitudes. (ACR_001). (para la recepción de servicios de asesoramiento especializado, por parte de entidades colaboradoras, en crecimiento empresarial, que sirvan a las empresas beneficiarias para impulsar su competitividad y fomentar el crecimiento y el empleo).

DOG 4 DE FEBREIRO (23)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2025 (código de procedemento MR605C). (Extracto).

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Prazos de presentación.- Resolución do 31 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba os novos prazos de presentación de solicitudes das bases reguladoras de determinadas axudas do Igape publicadas no Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro de 2025, e número 8, do 14 de xaneiro de 2025. (Axudas a proxectos de investimento empresarial para o ano 2025 IG408A. Venres, 9 de febreiro ás 9h ata o esgotamento do crédito)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Parques eólicos.- Acordo do 20 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se someten de novo a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da liña de media tensión LMT evacuación 33 kV P.E. ampliación Edreira I, sita nos concellos da Lama e Fornelos de Montes (Pontevedra) (expediente IN408A 2022/015), as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública das infraestruturas de evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos Edreira I, ampliación Edreira I e Coto de Eiras, sitas nos concellos de Fornelos de Montes, Mondariz, Pazos de Borbén e Redondela (Pontevedra) (expediente IN408A 2022/014), e o estudo de impacto ambiental (EIA) conxunto da liña de media tensión LMT evacuación 33 kV P.E. ampliación Edreira I (expediente IN408A 2022/015) e das infraestruturas de evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos Edreira I, ampliación Edreira I e Coto de Eiras (expediente IN408A 2022/014).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 15 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Monte de Paradela de Bemil da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paradela de Bemil, no concello de Caldas de Reis (expediente RE22018).

BOP Lugo 4 DE FEBREIRO (28)

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Parques eólicos.- Pagamento do prezo xusto pola expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto “parque eólico Álabe-Montemaior norte” (EXP. 062-EOL). Empresa beneficiaria: Acciona eólica de Galicia, SA.

BOP Pontevedra 4 DE FEBREIRO (23)

DELEGACIÓN DO GOBERNO EN PONTEVEDRA. ÁREA DE INDUSTRIA E ENERXÍA

Parques eólicos.- Resolución de la Dirección General de Política Energética y Minas por la que se acepta el desistimiento formulado por Carballoso Eólica, S.L.U. de la solicitud de autorización administrativa previa para el parque eólico “PE Carballoso”, de 51 MW de potencia instalada, y su infraestructura de evacuación, en las provincias de Ourense y Pontevedra, acordando el archivo del expediente PEol-802.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias