NORMATIVA DO DIA 10 DE FEBREIRO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 10 DE FEBREIRO (27)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Medio ambiente.- Orde do 4 de outubro de 2024 pola que se aproba a Estratexia galega da Infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas.

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Esgotamento do crédito.- Resolución do 31 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 19 de xaneiro de 2024).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 24 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado de Bouzas, no concello de Maceda.

CMVMC.- Edicto do 24 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Estada e Foral de Bertamil, no concello do Carballiño.

CMVMC.- Edicto do 24 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Foral de Trigás, Larouce e Bagarelas, no concello do Carballiño.

Concesións.- Anuncio do 10 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais en man común e dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR651C).

CMVMC.- Anuncio do 23 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Monte San Xoán, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xoán, no concello de Arbo (expediente RE22049).

CMVMC.- Anuncio do 23 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo de revisión do esbozo do monte veciñal denominado Montes A Mó, Maruxento, Fonte Santa I e Fonte Santa II e Maruxento I e outros, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Matamá, no concello de Vigo (expediente RE22039).

BOP Ourense 10 DE FEBREIRO (27)

COMUNIDADE DE REGANTES DE ANTELA

Asemblea.- Convocatoria da Asemblea xeral ordinaria.

BOP Pontevedra 10 DE FEBREIRO (27)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Convocatoria.- Convocatoria e bases de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social en 2025. (Extracto)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias