BOE 11 DE FEBREIRO (36)
V. ANUNCIOS
MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN
Extracto.- de la Orden de 3 de febrero de 2025 del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación por la que se convoca el Premio “Alimentos de España, año 2025”. (Hasta el 17.03.2025)
DOG 11 DE FEBREIRO (28)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
Corrección de erros.- da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R).
Convocatoria.- Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento TR802L). (Extracto)
FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA
SIXPAC.- Resolución do 22 de xaneiro de 2025 pola que se notifican as resolucións das alegacións ao Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) da campaña 2024. (Ver listado completo en pdf)
ZLN.- Resolución do 29 de xaneiro de 2025 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas de pagamento a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña (submedida 13.1) e en áreas distintas de montaña (submedida 13.2), cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), reguladas na Orde do 27 de febreiro de 2024. (Ver listados ZLN montaña, ZLN distinta de montaña)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 24 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado monte Buraca da Raposa, Gándaras de Torneiros e Cataboi da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Torneiros, no concello do Porriño (expediente RE24005).
CMVMC.- Anuncio do 24 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Masgalán de Arriba da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Masgalán de Arriba, no concello de Forcarei (expediente RE24004).
BOP A Coruña 11 DE FEBREIRO (28)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
PEL-AUTÓNOMOS/AS/2025.- Bases reguladoras do programa de subvencións de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas (PEL-Autónomos/as/2025). (A partir do luns 17.02.25 ás 9h ata o 17.03.2025 ás 14h. 200€/mes para as cotas da SS de 2025 de persoas autónomas de concellos da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes)
PEL-PEMES CRE/AMP 2025.- Bases reguladoras, en réxime de concorrencia, do programa de subvencións á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas no ano 2025. (A partir do luns 17.02.25 ás 9h ata o 17.03.2025 ás 14h. Ata o 70% do gasto de ampliación do cadro de persoal durante un ano por parte de empresas e persoas autónomas de concellos da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes)
PEL-PEMES/MANT 2025.- Bases reguladoras, en réxime de concorrencia, do programa de subvencións para o mantemento da contratación en pequenas, medianas empresas microempresas e persoas autónomas no ano 2025 (PEL-PEMES/MANT / 2025) (A partir do luns 17.02.25 ás 9h ata o 17.03.2025 ás 14h. Ata o 50% do gasto de mantemento dun contrato indefinido da convocatoria PEL-PEMES Creación e ampliación 2024)
PEL-EMPRENDE INVEST 2025.- Bases reguladoras, en réxime de concorrencia, do programa de subvencións á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables no ano 2025 (PEL-EMPRENDE INVEST/2025) (A partir do luns 17.02.25 ás 9h ata o 17.03.2025 ás 14h. Ata o 70% do gasto de adquisición no ano 2025 de bens inventariables: aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario ou equipos de procesos de información, por parte de empresas e persoas autónomas de concellos de menos de 10.000 habitantes).