Lugo, 11 de febreiro de 2025.- Unións Agrarias solicita ao FOGGA que se abra unha excepcionalidade para xustificación das axudas da PAC en amplas zonas da provincia de Lugo pola situación na que aínda se atopan as terras logo do paso do temporal Kirk o pasado mes de outubro de 2024. A organización agraria advirte que en comarcas como Terra Cha, de zonas de Sarria e Terra de Lemos, as terras aínda se atopan totalmente asolagadas, polo que non foi posible realizar o sementado de herba, e en moitas parcelas nin sequera retirar o millo estragado.
Neste sentido, desde UUAA lembra que pese a reclamar axudas para tratar de salvar unha situación que deixou a moitas explotación sen forraxe para as vacas, desde a Xunta non se aportou ningunha solución ao respecto. Agora o que se reclama é que non se penalice as granxas nas axudas da PAC por non poder realizar a rotación de cultivos, xa que esta é de todo punto imposible.
Do mesmo xeito, desde Unións Agrarias advirtese que o nivel de humidade que ten o terreo na referidas zonas, se non cambia a climatoloxía, vai comprometer a próxima sementeira de millo; o que vai a comprometer aínda mais as rendas das explotacións, tendo en conta que apenas un 20% das plantacións de millo tiñan pólizas de seguros vixentes. Así, do total de 78.815 Ha en produción forraxeira, so 14.700 contaban con algunha póliza de seguro (en total unhas 500).
Unións Agrarias lembra que a perda da base da alimentación para as ganderías de vacas de carne ou leite vai forzou a acudir masivamente os mercados de pensos e concentrados para poder manter as granxas. Unha circunstancia que supuxo un incremento dos custes de produción moi fortes para moitas delas.