NORMATIVA DO DÍA 3 DE MARZO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 3 DE MARZO (42)

V. ANUNCIOS

CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- ACORDO do 7 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2025/001-3).

Notificación acreditación afectados ALTRI.- ANUNCIO do 27 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, polo que se notifica a varias persoas solicitantes que acrediten a condición de parte interesada no expediente de aprobación do Proxecto dunha planta de produción de fibras téxtiles a base de celulosa en Palas de Rei (Lugo), promovida por Greenfiber, S.L. (prazo remata o 17 de marzo)

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

Modificación Planeamento Vila de Cruces. ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 8 das normas subsidiarias de planeamento de Vila de Cruces para redelimitación de núcleo rural da Contiña.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias