UUAA PIDE ACOTAR AS ZONAS VULNERABLES Á CONTAMINACIÓN POR NITRATOS ÁS CONCAS FLUVIAIS

Considera innecesario afectar toda a xeografía dos concellos e insta á Xunta a facer cambios ao respecto

A organización Unións Agrarias ven de remitir un escrito a Consellería do Medio Rural no que se solicita que as Zonas Vulnerables á Contaminación por Nitratos, (ZVN) que recentemente veñen de ser definidas e publicadas pola Xunta de Galicia, se acoten ás terras próximas as concas dos ríos asociadas ás estacións de control onde se detectase un exceso de concentración dos citados compostos.

Neste momento no listado feito público refírese a totalidade da superficie do concello marcado como ZVN polo que o volume de explotacións agrogandeiras afectadas resulta desproporcionado e excesivo. De feito esta perimetración está na Directiva 91/676/CEE, para evitar incluír a totalidade da superficie dos concellos nos que só teñen parte do seu territorio dentro destas concas.

Para UUAA resulta fundamental que, sen deixar de cumprir as funcións para as que se declaran as ZVN, estas afecten o menos posible á actividade agropecuaria nas zonas onde as medidas de prevención da Directiva 91/676/CEE non sexan estritamente obrigatorias.

A organización agraria, pide a Augas de Galicia que extreme a realización de probas de contraste, -como si fixo a Confederación Hidrográfica do Miño- que impidan culpabilizar ás granxas de falsos positivos por contaminacións alleas a súa actividade. Do mesmo xeito, se insiste na necesidade de filtrado de datos co gallo de que errores informáticos ou de xestión, fixen afectacións por minerais que realmente non existe.

Finalmente, UUAA lembrar que a importancia na alimentación da gandería galega proven da produción de forraxes que a súa vez teñen no uso de xurros un dos principais aportes de nutrientes da terra como exemplo de economía circular e ambientalmente sostible. Polo que desde a organización agraria pídese profesionalidade e seriedade no tratamento de datos por parte das administracións e súmase, como non podería ser doutro xeito, a todas aquelas accións razoadas que redunden na protección ambiental e na mellora da calidade dos alimentos.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias