NORMATIVA DO DÍA 24 DE MARZO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 24 DE MARZO (57)

III. OUTRAS DISPOSICIÓN

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

Vespa velutina.- Resolución do 14 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade do encargo á Empresa Pública de Servicios Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para executar os traballos de retirada e destrución de niños incluídos no Programa galego de vixilancia e control fronte á avespa asiática (Vespa velutina) no ano 2025.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 11 de marzo de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Puzal, Castro, Costa e Serra, no concello de Celanova.

CMVMC.- Anuncio do 11 de marzo de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa ao deslindamento entre o monte veciñal en man común Monte Comunal Serra de San Mamede e O Lombo, no concello de Viana do Bolo.

BOP Pontevedra 24 DE MARZO (56)

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DE TUI

Extracto.- Da convocatoria do Programa Pyme Dixital 2025.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias