DOG 31 DE MARZO (62)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria.- Orde do 26 de marzo de 2025 pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2025 os compromisos de mantemento de forestacións, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027 (código de procedemento MR670C). (Extracto)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Parques eólicos.- Corrección de erros do Acordo do 12 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto do parque eólico Batifol, nos concellos de Castro de Rei, Castroverde e Pol (Lugo) (expediente IN408A 2019/076).
Parques eólicos.- Resolución do 20 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorgan a autorización de desmantelamento parcial das instalacións actuais do parque eólico Sotavento e as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións relativas ao proxecto de repotenciación parcial do devandito parque, sito nos concellos de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo) e promovido por Sotavento Galicia, S.A. (expediente IN408A/2023/015). (Extracto)
CONSELLERÍA DE VIVENDA E PLANIFICACIÓN DE INFRAESTRUTURAS
Solo.- Resolución do 19 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se somete a información pública a aprobación inicial do Plan básico municipal do Concello de Negueira de Muñiz (Lugo).