NORMATIVA DO DÍA 10 DE ABRIL DE 2025

Axudas á reestruturación e reconversión da viña. Axudas Foexga (Fomento das exportacións galegas). Axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas.

DOG 10 DE ABRIL (70)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR446A). (Extracto)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Convocatoria.- Resolución do 31 de marzo de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas Foexga (Fomento das exportacións galegas), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se realiza a súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva. (Extracto)

Convocatoria.- Resolución do 31 de marzo de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2025), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG421A). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Cambio de uso.- Anuncio do 28 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de funcionalidade do solo de varias parcelas na parroquia de Esposende, no concello de Ribadavia (clave do expediente 2024/0061).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias