NORMATIVA DO DIA 21 DE ABRIL DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 21 DE ABRIL (96)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE INCLUSIÓN, SEGURIDAD SOCIAL Y MIGRACIONES

Procedimientos administrativos. Gestión informatizada.- Resolución de 9 de abril de 2025, de la Tesorería General de la Seguridad Social, por la que se establece la tramitación electrónica automatizada de las resoluciones de determinados procedimientos de altas y bajas de trabajadores en la Seguridad Social.

DOG 21 DE ABRIL (75)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 4 de abril de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación de terreos adquiridos por comunidades de montes veciñais en man común (expediente 2023_24 e dous máis).

CMVMC.- Anuncio do 4 de abril de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses, o acordo adoptado por este xurado relativo a deslindamentos con particulares (expediente 114/78 e oito máis).

CMVMC.- Anuncio do 4 de abril de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 75/79 e catro máis).

Monte abertal.- Anuncio do 4 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se acorda someter a información pública a solicitude de inscrición do monte abertal de Buisán, do concello da Fonsagrada, no Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.

BOP A Coruña 21 DE ABRIL (74)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa DP0036: programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o 2025.

A BAÑA

Forestal.- Modificación da ordenanza que regula as plantacións e as cortas de árbores no concello da Baña.