NORMATIVA DO DIA 5 DE MAIO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 5 DE MAIO (84)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Autorización Ambiental Integrada.- Anuncio do 16 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Conejos Gallegos Cogal, S.C.G., para o matadoiro de coellos con sala de despezamento e envasado, planta de transformación de subprodutos categoría 3 e planta de valorización de subprodutos categoría 2, no concello de Rodeiro (Pontevedra) (expediente 2024-IPPC-M-135).

Parques eólicos.- Anuncio do 15 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de sistema de almacenamento BESS-hibridación do parque eólico Malpica, repotenciación de 7 MW, no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña) (expediente 2024/0282).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Información pública.- Anuncio do 2 de maio de 2025, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, polo que se somete a información pública o proxecto dunha planta de conversión de madeira en carbón vexetal promovido por Xallas Electricidad y Aleaciones S.A.U., a implantar no concello de Dumbría (A Coruña), declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de decembro de 2024.

BOP A Coruña 5 DE MAIO (83)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións.- Resolución de concesión provisional de subvencións dirixidas a entidades e asociacións empresariais da Provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2025 (FOENAA)