Santiago, 12 de maio de 2025.- Unións Agrarias fai un chamamento para que o sector produtor galego secunde a concentración convocada para o vindeiro día 20 de maio fronte á sede da UE en Madrid. A organización agrogandeira anima a agricultures e gandeiros a acudir a unha mobilización convocada polo COPA-Cogeca en toda Europa, coincidindo coa conferencia sobre o orzamento da UE 2025.
“Necesitamos unha PAC forte e con orzamento”, explica Unións Agrarias-UPA, que destaca a importancia da Política Agraria Común como “un pilar fundamental da seguridade europea. E nun momento no que Europa enfronta retos como a inestabilidade xeopolítica, a mudanza climática ou os cambos no comercio mundial, a UE non pode acadar unha verdadeira autonomía estratéxica sen asegurar o seu sector agrogandeiro”.
A mobilización xurde coa vontade de garantir unha política agrícola forte, común e ben financiada, que conte cunha liña orzamentaria específica e vinculada á inflación no próximo Marco Financieiro Plurianual.
A PAC é unha ferramenta vital para garantir o acceso a alimentos seguros, sustentables e asequibles en todo o continente. Supón un apoio imprescindible para millóns de agricultores e gandeiros, sustenta ás comunidades rurais e contribúe ao progreso económico, medioambiental e social de Europa. Unha política irrenunciable ante a que non cabe a posibilidade de centralizar o financiamento da UE nun fondo único, que disolvería a PAC nun marco máis amplo, con menos garantías e sen unha visión compartida.
“Substituir a PAC de dous pilares por un único modelo de programación nacional debilitaría o mercado único, retrasaría investimentos cruciais e crearía fondas disparidades entre os Estados membros, ao tiempo que ameazaría os ingresos e a sustentabilidade de millóns de agricultores e poría en perigo a estabilidade da cadea agroalimentaria alén das nosas fronteiras”. Ademais, “as múltiples transicións que a UE esixe ao seu sector agrario só se lograrán se se financian adecuadamente”.
La agricultura aporta o 1,3% do PIB da UE e, porén, a PAC tan só representa actualmente o 0,4% do orzamento comunitario. “Este desequilibrio debe abordarse mediante asignacións maiores. A forza da PAC reside no seu carácter común. A súa estrutura actual – ancorada no Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e o Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) logra un equilibrio entre as axudas directas específicas e os investimentos a longo prazo. A fusión ou disolución destes fondos en marcos de cohesión máis amplos sería desastrosa para o desenvolvemento rural e a estabilidade do sector agroalimentario”.
Unións Agrarias-UPA anima a agricultores e gandeiros a acudir á concentración convocada para martes da próxima semana, á que espera se sumen máis organizacións a nivel estatal.


