NORMATIVA DO DIA 12 DE MAIO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 12 DE MAIO (89)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Convenios.- Resolución do 2 de maio de 2025 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre de 2025.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Parques eólicos.- Anuncio do 25 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Montelora, nos concellos de Baleira, Baralla, Castroverde e Láncara (expediente 2018/0076).

AUGAS DE GALICIA

Aproveitamento de augas.- Anuncio do 7 de abril de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Santa Comba (expediente DH.A15.106597).

BOP A Coruña 12 DE MAIO (88)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa DP0031: subvencións a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2025.

Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa DP0036: subvencións a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o 2025

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria.- Bases da convocatoria para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e na hostalaría do municipio de Santiago de Compostela a través dos Bonos Corazón Compostela 2025 e apertura do prazo de adhesión para os establecementos interesados.

BOP Ourense 12 DE MAIO (88)

SARREAUS

Forestal.- Exposición pública da aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora da corta e saca de madeira.