NORMATIVA DO DIA 15 DE MAIO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 15 DE MAIO (92)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Esgotamento do crédito.- Resolución do 7 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai público o esgotamento do crédito da aplicación orzamentaria 14.04.324C.781.9 destinado ao financiamento das axudas establecidas na Orde do 27 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento TR802L). (2.730.000€ esgotados en 58 minutos)