ROBERTO GARCÍA REELIXIDO SECRETARIO XERAL DE UNIÓNS AGRARIAS

A nova Comisión Executiva Nacional Galega recibiu o apoio do 94,4% dos delegados

Santiago, 16 de maio de 2025.- A organización Unións Agrarias vén de renovar os seus órganos de goberno no marco do 12º Congreso Nacional que tivo lugar hoxe en Santiago de Compostela. Nesta convocatoria a que foron convocados 100 delegados, o lema elixido foi “Sementando presente para alimentar o futuro” co que se pon de manifesto a importancia de manter un rural vivo a través dunhas rendas dignas para uns produtores e produtoras aos que son peza central do desenvolvemento integral das vilas, as cidades e os pobos de Galicia.

A nova Comisión Executiva Nacional Galega, que recibiu o apoio do 94,4% dos delegados e delegadas,queda composta por Roberto García, secretario Xeral, Félix Porto Serantes, vicesecretario Xeral, Javier López Iglesias, secretario de Organización, Administración e Área Interna, Cristóbal Touriñán Novoa, secretario de Vacún de Leite e Xuventude, Herminia Barazal Vivián, secretaria de Gandería, Mónica Penas González, secretaria de Desenvolvemento Rural e Cambio Climático, Eva Bermúdez Pulleiro, secretaria de Agricultura e Dixitalización, Mª José Fernández Veiga, secretaria de Igualdade e Innovación, Begoña Liñares García, secretaria de Migración e Emprego Agrario.

No acto de inauguración participaron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o secretario xeral de UPA, Cristóbal Cano, o presidente da Deputación de A Coruña, Valentín García e o delegado do Goberno, Pedro Blanco. Pola súa parte no acto de clausura tomaron a palabra a conselleira de Medio Rural, Mª José Gómez, o secretario xeral do PSdeG Ramón Gómez Besteiro pechando o turno de intervencións Roberto García, secretario Xeral de UUAA. Nas súas palabras, o líder de Unións Agrarias fixo un repaso das distintas problemáticas que afrontan os sectores produtivos galegos, que en xeral pasan pola falta dun marco normativo firme que lle permita compertir a viticultores, gandeiros ou produtores de horta en pe de igualdade cos de outras zonas agropecuarias da UE que si os teñen articulado.

O sector agroalimentario, ten grandes retos que afrontar como a redacción de custes coa ampliación da base territorial, a caída de prezos en orixe polas importacións de países terceiros, a valorización dos recursos forestais, o envellecemento da poboación agraria, a incorporación de mozos, o acceso das mulleres á titularidade das explotacións, o reto da dixitalización, a eficiencia enerxética, as esixencias na loita contra o cambio climático e a perda de biodiversidade, o benestar e a sanidade animal, a mellora xenética, a xestión da fauna salvaxe, a contracción de servizos públicos no rural… son cuestións que aínda están pendentes de abordar de xeito decidido e que formarán parte da axenda que UUAA levará adiante no período que agora se abre.

Un escenario que se enmarcar na nova PAC que debe ser repensada cara a facilitar o traballo do gandeiros e agricultores. Nesa liña a organización agraria súmase a mobilización do vindeiro día 20 en Madrid diante da representación da UE.

Galería de imaxes