NORMATIVA DO DIA 21 DE MAIO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 21 DE MAIO (96)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concesións.- Resolución do 12 de maio de 2025 pola que se resolven as solicitudes de subvención para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, convocadas para o ano 2025 (código de procedemento MR351A).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Parques eólicos.- Resolución do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de abril de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Castro Valente, sito nos concellos da Estrada, Pontecesures e Valga (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (IN408A/2020/066).