UUAA PIDE A MEDIOAMBIENTE ACTUAR NOS DANOS DO CORZO

No escrito remitido á Consellería esíxese un control singular desta fauna

Ourense, 28 de maio de 2025 – Unións Agrarias ven de remitir un escrito á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático no que incide na necesidade de que a Xunta de Galicia inicie os trámites para que os danos do corzo poidan ser incorporados na seguinte convocatoria de axudas a cultivos agrícolas afectados pola fauna salvaxe.

Como xa ten denunciado, UUAA advirte da fonda preocupación existsente a entre os produtores do Ribeiro polo inicio das visitas do xabaril e o corzo aos bancais e parcelas de viñedo, onde comenzan os danos polo ramoneo dos brotes. En concreto hai xa danos reiterados en zonas como Beade e Toén.

O corzo adoita entrar nas plantacións de viñedo antes da produción da uva; a diferencia do xabaril, que o fai con máis frecuencia cando os acios xa contan cun grao de madurez suficiente; o que fai permanentemente vulnerables as plantacións aos danos da fauna salvaxe, requerindo atención constante polos produtores, amáis de atender aos traballos de mantemento e prevención das enfermedades dos fungos.

Ademais de alimentarse cos gromos da viña, o corzo seca as cepas ao rascar a cornamenta contra elas. Porén, neste momento os danos provocados por es tes aniamis non están a ser cubertos pola liña de axudas de indemnización de danos da Consellería de Medio Ambiente, repercutindo directamente nos produtores desta denominación de orixe sen posibilidade de compensación. Unha situación que debe ser subsanada, e que Unións Agrarias agarda que a administración autonómica teña en conta trala solicitude rexistrada co obxectivo de que se modifique a normativa autonómica e se amplíe a cobertura das axudas.

Dase a circunstancia que no concello de Beade as zonas de presenza de viñedo e a súa contorna son terreos sometidos a réximen cinexético común ou zonas libres de caza, aqueles que a vixente Lei 13/2013 de caza de Galicia, clasifica como tales cando non están xestionados por ningunha Sociedade de Caza baixo a figura de Terreo Cinexéticamente Ordeado ou TECOR, co cal nesa zona a responsabilidade do control poboacional do xabarín e dos danos que produza en cultivos,  ven sendo directamente da Xunta de Galicia. Si ben a xestión efectiva se apoia a maior das veces nas iniciativas e colaboración dos cazadores locais.

A produción de uva en Ourense, ven sendo unha das últimas actividades agrarias que xestionan o territorio na provincia, toda vez que xa non existe apenas produción de leite, e a de carne diminúe ano a ano, así como a actividade forestal, que apenas supón o 5% do conxunto de Galicia. Polo que é fundamental coidar a produción de uva e a rendabilidade destas explotacións de cara ao futuro inmediato para evitar o abandono e axudar así na prevención do lume e protección do territorio.