NORMATIVA DO DIA 18 DE XUÑO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 18 DE XUÑO (146)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRANSPORTES Y MOVILIDAD SOSTENIBLE

Expropiación.- Resolución de la Dirección General del Sector Ferroviario por la que se abre Información Pública y se convoca a los propietarios de los bienes y derechos afectados al levantamiento de las actas previas correspondientes al Expediente de Expropiación Forzosa 389ADIF2598 motivado por las obras del «Proyecto de Construcción de protecciones acústicas del Eje Atlántico de Alta Velocidad. Tramo: Ourense – Santiago de Compostela» en los términos municipales de Ourense (Ourense) y Santiago de Compostela (A Coruña).

DOG 18 DE XUÑO (115)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 4 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Sala de despezamento de vacún no parque de actividades económicas de Arteixo (Acteca), no concello de Arteixo (expediente 2024/0268).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 29 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación dos montes Outeiro e outros, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pereiras, na parroquia de Pereiras, concello de Mos.

BOP Ourense 18 DE XUÑO (115)

BEADE

Incendios.- Exposición pública da aprobación provisional do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.