NORMATIVA DO DÍA 9 DE XULLO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 9 DE XULLO (130)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Informe ambiental estratéxico.- Anuncio do 24 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao proxecto de interese autonómico de modernización, mellora e ampliación do proceso produtivo e loxístico do centro de procesado avícola de Coren en Santa Cruz de Arrabaldo, no concello de Ourense (expediente 2025AAE2988).

CONSELLERÍA DE VIVENDA E PLANIFICACIÓN DE INFRAESTRUTURAS

Solo.- Resolución do 19 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se somete a información pública a aprobación inicial do Plan básico municipal do concello de San Cristovo de Cea (Ourense).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Cambio de uso.- Anuncio do 23 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 18 de xuño de 2025, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola dunha parcela no termo municipal de Pol (Lugo).