NORMATIVA DO DÍA 11 DE XULLO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 11 DE XULLO (166)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Modificación del Extracto.- de la Resolución de 27 de marzo, de la Secretaría de Estado de Agricultura y Alimentación, por la que se convocan para el ejercicio 2025, las subvenciones destinadas al programa Cultiva, relativo a estancias formativas de jóvenes agricultores en explotaciones modelo. (Posibilidade de ampliar o orzamento de 1,2M€)

DOG 11 DE XULLO (132)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

Convocatoria.- Orde do 4 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2025 (código de procedemento CT200A). (Extracto)

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Convocatoria.- Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2025 e 2026 (código de procedemento TR302D). (Extracto)

Esgotamento do crédito.- Resolución do 25 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai público o esgotamento do crédito da aplicación orzamentaria 14.04.324C.770.9 destinado ao financiamento das axudas establecidas na Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento TR802L).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Cambio de uso.- Anuncio do 30 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto cambio de funcionalidade ou uso do solo de forestal a agrícola na parroquia de San Pedro de Bazar, no concello de Castro de Rei (expediente 2024/0121).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 25 de xuño de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Portela (Barro) e Cerponzóns (Pontevedra) (expediente DC22043).

CMVMC.- Edicto do 25 de xuño de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Tras do Balado, no concello do Irixo.

AUGAS DE GALICIA

Aproveitamento de augas.- Anuncio do 11 de xuño de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Touro (expediente DH.A15.93143).