NORMATIVA DO DÍA 17 DE XULLO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 17 DE XULLO (171)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. de información pública del expediente de extinción del aprovechamiento de 0,04 l/s de agua procedente del manantial Bozo, en Cristelos, parroquia de Barrantes, término municipal de Tomiño (Pontevedra), con destino a granja avícola. Expediente: A/36/01687/E.

DOG 17 DE XULLO (136)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Concesións.- Resolución do 25 de xuño de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e das axudas para a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e, se procede, á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2025 (códigos de procedemento TR852A e TR852B).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Parques eólicos.- Resolución do 11 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se modifica a Resolución do 25 de xuño de 2025 pola que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Monte Redondo Repotenciación, sito no concello de Vimianzo e promovido por Naturgy Renovables, S.L. (expediente IN408A/2020/029), para rectificar os erros materiais existentes.

BOP A Coruña 17 DE XULLO (135)

SAN SADURNIÑO

Convocatoria.- Axudas ás prantas mercadas para novas plantacións de maceiras nas súas variedades de Ollo Negro, Príncipe, Rogelia, Da Sega e Reineta de San Bieito e de ameixeiras nas súas variedades de Collon de Frade e a de Arillo.