NORMATIVA DO DÍA 5 DE AGOSTO DE 2025

Axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo. Ampliación das zonas demarcadas pola praga de flavescencia dourada da vide.

DOG 5 DE AGOSTO (148)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 24 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2022, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR351A). (Extracto) (Ata o 5 de setembro)

Viño.- Resolución do 28 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas da praga de corentena denominada flavescencia dourada da vide e se manteñen as medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 18 de xuño de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Comunal de Barxa e mais Comunal de Pentes, no concello da Gudiña.

BOP Ourense 5 DE AGOSTO (148)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria.- Bases reguladoras do concurso público para a concesión de subvencións para o mantemento do emprego feminino “EmprendOU en feminino”, convocatoria para o ano 2025. (Extracto).