NORMATIVA DO DÍA 11 DE AGOSTO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 11 DE AGOSTO (192)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. de información pública del expediente de extinción del aprovechamiento de 0,3 l/s de agua procedente de un pozo sito en el lugar de Lamparte, parroquia de Vilar de Donas, término municipal de Palas de Rei (Lugo) para usos ganaderos. A/27/16305/E.

DOG 11 DE AGOSTO (152)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Concesións.- Resolución do 31 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se publica a Resolución do 30 de xullo de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións da provincia da Coruña convocadas mediante a Orde do 8 de abril de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

Concesións.- Resolución do 31 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 30 de xullo de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións da provincia de Lugo convocadas mediante a Orde do 8 de abril de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

Concesións.- Resolución do 31 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se publica a Resolución do 30 de xullo de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións da provincia de Ourense convocadas mediante a Orde do 8 de abril de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

Concesións.- Resolución do 31 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 30 de xullo de 2025 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións da provincia de Pontevedra convocadas mediante a Orde do 8 de abril de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Formación.- Resolución do 29 de xullo de 2025 pola que se convoca o Curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

V. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Cambio de uso.- Anuncio do 28 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei. (Expediente 2024/0194).

BOP A Coruña 11 DE AGOSTO (151)

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Parques eólicos.- Acordo do 05 de agosto de 2025 do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, polo que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións de produción de enerxía eléctrica do proxecto denominado Parque eólico Monte Redondo Repotenciación, situado no concello de Vimianzo (A Coruña), promovido por Naturgy Renovables S.L. (expediente IN408A 2020/029).