DOG 13 DE AGOSTO (154)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
Convocatoria.- Orde do 28 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade de ampliación ou promoción, así como para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D, para a incorporación de condutores/as profesionais ao mercado laboral, así como para a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento IF310F e IF310G). (Extracto)
AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA
Concesións.- Resolución do 7 de agosto de 2025 pola que se resolven as solicitudes das subvencións convocadas pola Resolución do 17 de xuño de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás explotacións agrícolas pertencentes á indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR302C).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Parques eólicos.- Resolución do 6 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de emenda de erro material no acordo polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de produción de enerxía eléctrica no concello de Malpica de Bergantiños (IN408A 2024/003-1).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Edicto do 23 de xullo de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Fontardión Eume-Fontardión Goente, do concello das Pontes de García Rodríguez.
BOP A Coruña 13 DE AGOSTO (153)
MINISTERIO DE HACIENDA
Subasta.- Resolución de la Delegación Especial de Economía y Hacienda en Galicia-A Coruña por la que se convoca subasta pública para la enajenación de 71 bienes inmuebles.
BOP Pontevedra 13 DE AGOSTO (153)
CONSEJO REGULADOR DE LA DENOMINACIÓN DE ORIGEN RÍAS BAIXAS
Bajas.- Baja por inactividad en los registros, debido a la aplicación del art. 18 del reglamento del consejo regulador.


