UNIÓNS AGRARIAS ALERTA DA FORTE CAÍDA DE PRODUCION DE FORRAXE

A choiva da primavera e a seca deixan 51 millóns de perdas nas granxas

Santiago, 14 de agosto de 2025.- Unións Agrarias alerta da forte caída na produción de millo forraxeiro destinado a alimentación animal das granxas. Pola primeiras valoracións estímanse unhas perdas de mais de 51 millóns de euros e unha baixa na produción 855.000 toneladas de millo, o que sen dúbida vai a incrementar en moito os custes de produción pola forte especulación que hai sobre estas materias primas debido a alta demanda e a baixa oferta.

O 2025 foi un ano difícil dende un principio polas choivas reiteradas no mes de maio que provocaron que se sementara so un 30% nas datas habituais, e un retraso de mais de 20 dias no 70% da superficie. Por outra banda a actual ola de calor trouxo unha forte caída da produción que desde UUAA se estima nun 15% no millo que foi sementado cedo, e dun 30% nese 70% da superficie, e que naqueles casos en que fora sementado moi tardiamente incluso a perda completa da produción.

Neste contexto hai que lembrar a situación das explotacións de leite que aínda que o prezo medio se sitúa a día de hoxe por enriba dos 48 céntimos, a maior parte das explotacións, as granxas familiares de menores dimensións e capacidade produtiva, continúan moi lonxe desa cantidade e máis aínda do prezo da Unión. Un escenario que, na práctica, está a forzar un regueiro constante e imparable de peches de granxas: 92 nos catro primeiros meses de 2025, e máis de unha ao día no último ano, exactamente 369. Con apenas 5.154 granxas de leite funcionando en Galicia, o sector comeza a resentirse cunha produción que ven de rexistrar unha caída do 1,77%.