NORMATIVA DO DÍA 19 DE AGOSTO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 19 DE AGOSTO (157)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

Convocatoria.- Orde do 8 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases A2 e B á mocidade galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS321A). (Extracto)

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Convocatoria.- Orde do 4 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e as subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR352A). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

AUGAS DE GALICIA

Aproveitamento de augas.- Anuncio do 18 de xullo de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Ordes (expediente DH.A15.106875).

Aproveitamento de augas.- Anuncio do 22 de xullo de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se somete a información pública o expediente de extinción por termo do prazo dunha concesión (expediente DH.A27.3084). (Mondoñedo)