Unións Agrarias pon a súa rede de 30 oficinas en Galicia a disposición das persoas que queiran colaborar coas explotacións afectadas polos catastróficos lumes das comarcas ourensás do Macizo Central.
Desde a organización lémbrase que a importancia de que a axuda chegue de xeito coordinado para poder cubrir de xeito eficiente a maior demanda posible. No día de hoxe reuneuse en A Gudiña o grupo de traballo que vai a coordinar a loxística e de transporte e almacenamento para facilitar alimento para os rabaños afectados nas comarcas de Viana do Bolo, A Mezquita, Verín A Gudiña e Xinzo de Limia.
UUAA lembra que toda axuda é benvida porque son moitas as explotacións que non teñen que darlle de comer aos animais. Unións Agrarias solicita que os produtores que queiran colaborar contacten coas oficinas comarcais da organización ou ben a través da sede nacional en Santiago de Compostela (Tel 981 530 500).
A tipoloxía de explotacións gandeiras afectadas e moi ampla polo que será benvido calquera tipo de alimentación para ovellas, cabras, vacas, abellas, etc.
Finalmente desde UUAA solicita da Xunta unha vez mais, atender as maiores urxencias das explotacións afectadas e garantir as necesidades de alimentación do gando, activar xa a avaliación de danos en vivendas, explotacións, cultivos e infraestruturas e preparar axudas accesibles e realistas, sen formalismos imposibles, e buscar saídas para os requerimentos da PAC.


