DOUE 27 DE AGOSTO
DECISIONES
Sanidad animal.- Decisión de Ejecución (UE) 2025/1764 de la Comisión, de 25 de agosto de 2025, por la que se modifica la Decisión de Ejecución (UE) 2025/1582, relativa a determinadas medidas de emergencia en relación con la dermatosis nodular contagiosa en Italia.
BOE 27 DE AGOSTO (206)
V. ANUNCIOS
MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO
Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Duero, O.A., de resolución del expediente de concesión de un aprovechamiento de aguas subterráneas, de referencia C-0029/2025 ((INTEGRA-AYE) OR), con destino a uso ganadero en el término municipal de Vilardevós (Ourense).
DOG 27 DE AGOSTO (163)
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE SANIDADE
Seguridade alimentaria.- Decreto 74/2025, do 4 de agosto, polo que se regula o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios e se establecen requisitos de hixiene na produción e comercialización para determinados establecementos. (Terán que inscribirse os establecementos alimentarios que desenvolvan unha actividade que consista en manipular, preparar, elaborar ou transformar, almacenar ou servir alimentos para a súa venda ou entrega á persoa consumidora final ou a unha colectividade, in situ ou a distancia, con ou sen repartición a domicilio. Inclúense os locais ambulantes ou provisionais, os almacéns de apoio, así como os locais utilizados principalmente como vivenda privada onde se preparan alimentos para a súa subministración directa.
NON terán que inscribirse os que teñan obriga de estar rexistrados no Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos, os furanchos ou a venda directa de produtos primarios polos/as produtores/as á persoa consumidora final ou a establecementos de comercio polo miúdo para o abastecemento ao/á consumidor/a final)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA
Concesións.- Resolución do 19 de agosto de 2025 pola que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola Resolución do 24 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio á cooperación en actividades de información e promoción dos produtos agrícolas e alimenticios galegos acollidos a réximes de calidade realizadas por grupos de produtores, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, e se convocan para o exercicio orzamentario 2025 (código de procedemento MR302A).
Formación agraria.- Resolución do 20 de agosto de 2025 pola que se publica a Resolución do 19 de agosto de 2025 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a lista de agarda no procedemento de adxudicación de prazas de residencia e/ou comedor nos centros de formación e experimentación agraria da Axencia para o curso académico 2025/26 (código de procedemento MR207A).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 1 de agosto de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Santa Eulalia a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa Eulalia de Batalláns, na parroquia de Santa Eulalia de Batalláns, concello das Neves.
CMVMC.- Anuncio do 1 de agosto de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Cerqueiral, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Entenza, na parroquia de Entenza, concello de Salceda de Caselas.
CMVMC.- Anuncio do 1 de agosto de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Reloas 2, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Budiño, na parroquia de San Salvador de Budiño, concello do Porriño.
BOP Ourense 27 DE AGOSTO (163)
INORDE
Concesións.- Acordo de resolución da convocatoria pública, a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións para o financiamento de explotacións agrícolas profesionais, explotacións gandeiras profesionais e microempresas agroalimentarias para realizar investimentos en infraestruturas, instalacións e equipamentos destinados á posta en marcha de experiencias turísticas, ligadas ao agroturismo, nas súas instalacións e explotacións, durante o ano 2025.


