NORMATIVA DO DÍA 30 DE AGOSTO DE 2025

Axudas polos danos causados polos incendios forestais.

BOE 30 DE AGOSTO (209)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Incendios forestales.- Orden TED/960/2025, de 28 de agosto, por la que se modifica la Orden TED/913/2025, de 11 de agosto, por la que se establecen los servicios mínimos durante la huelga de los trabajadores de Pegasus Aviación, SA, adjudicataria de contratos de servicios de extinción de incendios forestales.

DOG 30 DE AGOSTO (166)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

Incendios forestais.- Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Convocatoria.- Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para a reparación de danos causados polos incendios, destinadas a titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecores) de Galicia afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100A). (Extracto)

Convocatoria.- Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para a reparación de danos causados polos incendios, destinadas a titulares de infraestruturas de uso público do medio natural dentro da Rede galega de espazos protexidos e reservas da biosfera afectados polos incendios no ámbito da competencia desta consellería (código de procedemento MT100B). (Extracto)

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Prazos ATRIGA.- Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se adoptan medidas excepcionais e temporais relativas á presentación de declaracións e autoliquidacións e ao pagamento dos impostos aplicados pola Axencia Tributaria de Galicia.

Convocatoria.- Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a persoas que sufrisen danos persoais como consecuencia dos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025 (código de procedemento FA100A). (Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento MR616A e MR616C). (Extracto agrícolas e gandeiras) (Extracto forestais)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Convocatoria.- Resolución do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís derivados dos incendios forestais que afectaron Galicia durante o verán de 2025, e se efectúa a súa convocatoria (código de procedemento IG100A). (Extracto)

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Convocatoria.- Resolución do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI100B). (Extracto)