NORMATIVA DO DÍA 17 DE SETEMBRO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 17 DE SETEMBRO (179)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

Convocatoria.- Orde do 21 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2026 (código de procedemento BS508E). (Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Encomendas.- Resolución do 8 de setembro de 2025 pola que se dá publicidade de varios encargos realizados ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e a súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

Encomendas.- Resolución do 8 de setembro de 2025 pola que se dá publicidade de varios encargos realizados ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Autorizacións Ambientais Integradas.- Anuncio do 1 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros.

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Estradas.- Resolución do 9 de setembro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de setembro de 2025 polo que se aproba o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado de acondicionamento da AC-406, treito: límite do termo municipal (LTM) Val do Dubra-AC-444, de clave AC/22/023.02, cun orzamento base de licitación, IVE incluído, de catro millóns tres mil cento vinte e sete euros con sesenta e seis céntimos (4.003.127,66 euros). (A Baña e Val do Dubra)