NORMATIVA DO DÍA 29 DE SETEMBRO DE 2025

Axudas ás OPAS e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario.

DOG 29 DE SETEMBRO (187)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Requirimentos.- Resolución do 16 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 9 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento SI429A).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 18 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR321A). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 9 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Montes Baixos de Viladequinta, no concello de Carballeda de Valdeorras.

CMVMC.- Edicto do 10 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Barazal, nos concellos de San Amaro e Cenlle.

CMVMC.- Anuncio do 8 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do recurso de reposición contra a clasificación dos montes Eido, Mulariña, Barco e Portela, solicitados a favor da CMVMC de Salvaterra (Salvaterra de Miño).

CMVMC.- Anuncio do 8 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación dos montes chamados Lameiros e Paraños (Outeiro da Muruxa), solicitado a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Xeve (Pontevedra).

CMVMC.- Anuncio do 8 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación do monte chamado Lagarteiro solicitado a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Xeve (Pontevedra).

CMVMC.- Anuncio do 8 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución que aproba o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Laxos e Cardecide (Cuntis) con propietarios particulares (expediente DP22001).

CMVMC.- Anuncio do 8 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución que aproba o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Belesar e A Ramallosa (Baiona) (expediente DC22129).

CMVMC.- Anuncio do 8 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución que aproba o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Belesar e Bahiña (Baiona) (expediente DC22128).

CMVMC.- Anuncio do 9 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión de esbozo do monte veciñal en man común Monte de San Mamede, no concello de Vilar de Barrio.

CMVMC.- Anuncio do 9 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión de esbozo dos montes veciñais en man común Furriolo e Albán, no concello de Rairiz de Veiga.

BOP A Coruña 29 DE SETEMBRO (185)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Subvencións.- Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación Provincial da Coruña.