NORMATIVA DO DÍA 30 DE SETEMBRO DE 2025

Ampliación do prazo das axudas polos incendios. Asignación, denegación e retirada de dereitos da PAC.

DOG 30 DE SETEMBRO (188)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

Ampliación do ámbito temporal e do prazo de presentación das solicitudes.- Decreto 79/2025, do 29 de setembro, polo que se modifica o Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025. (Ampliación do ámbito temporal: e outono; e do prazo de presentación das solicitudes: ata o 30.10.2025 agás algúns danos persoais)

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Cadea alimentaria.- Resolución do 29 de setembro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de setembro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural. (Clasifícase como de libre disposición o posto de Xefatura de Servizo de Auditoría Interna na Cadea Alimentaria)

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

Dereitos da PAC.- Resolución do 16 de setembro de 2025 pola que se notifica a retirada de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade pola non activación nas campañas 2022-2023.

Dereitos da PAC.- Resolución do 16 de setembro de 2025 pola que se notifican as resolucións da presidenta do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) relativas á asignación complementaria de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da reserva nacional da campaña 2024 e dos casos pendentes da campaña 2023 e a denegación das solicitudes de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade pendentes da campaña 2023.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Declaración de impacto ambiental.- Anuncio do 16 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, treito Nadela (A6)-enlace A Pobra de San Xiao, p.q. 0+000-13+500 (LU/21/218.01), nos concellos do Corgo, Lugo e O Páramo (expediente 2025/0014).

Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 17 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación de gando vacún de leite no lugar de Outeiro, no concello de Trazo (clave de expediente 2025/0021). (Ganadería Liste Rey, S.C.)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 11 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión de esbozo do monte veciñal en man común Corro do Mouro ou Coto de Maus, no concello de Muíños.

CMVMC.- Anuncio do 11 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión de esbozo do monte veciñal en man común Valdecabrita, no concello da Veiga.

BOP A Coruña 30 DE SETEMBRO (186)

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Calendario laboral.- Resolución do Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña sobre as festividades de carácter local na provincia da Coruña.