NORMATIVA DO DÍA 7 DE OUTUBRO DE 2025

Préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante con bonificación de xuros para plans de mellora.

BOE 7 DE OUTUBRO (241)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DEL INTERIOR

Violencia de género.- Resolución de 30 de septiembre de 2025, de la Secretaría General Técnica, por la que se publica el Convenio entre la Secretaría de Estado de Seguridad y el Ayuntamiento de Salceda de Caselas, para la incorporación del Cuerpo de Policía Local al Sistema de Seguimiento Integral de los casos de Violencia de Género.

DOG 7 DE OUTUBRO (193)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Instrumento financeiro do PEPAC.- Orde do 25 de setembro de 2025 pola que se regula o procedemento para recoñecer o dereito a préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante con bonificación de xuros garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento MR350A). Para os plans de mellora: Axudas aos investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático, uso eficiente dos recursos naturais e benestar animal e Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias. Prazo de presentación aberto ata o esgotamento dos fondos.

BOP Lugo 7 DE OUTUBRO (230)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Concesións.- Relación de subvencións directas (nominativas e excepcionais) tramitadas dende a área de medio rural e do mar, e mocidade, da deputación provincial de Lugo, no terceiro trimestre do ano 2025.

A FONSAGRADA

Camiños.- Aprobación da Ordenanza reguladora do uso de camiños públicos no Concello de A Fonsagrada.

BOP Ourense 7 DE OUTUBRO (192)

CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMATICO

Caza.- Exposición pública do expediente de ampliación do Tecor “Verea” OU-10.014 con terreos pertencentes ás comunidades de montes veciñais en man común das parroquias de Bangueses (Concello de Verea) e Congostro (Concello de Rairiz de Veiga) e parcelas particulares da parroquia de Bangueses.