NORMATIVA DO DÍA 9 DE OUTUBRO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 9 DE OUTUBRO (195)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Parques eólicos.- Resolución do 9 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorga a autorización administrativa de construción ao proxecto do Parque Eólico Penas Pardas, sito nos concellos de Abadín e A Pastoriza (Lugo) e promovido por Norvento, S.L. (expediente IN408A 2020/67). (Extracto)

Cambio de uso.- Anuncio do 26 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Vilaíz, no concello de Becerreá (Lugo) (expediente 2023/0096).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 25 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento cunha propiedade particular do monte veciñal en man común (MVMC) Da Costa, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Santo Estevo, no concello de Carballeda de Avia.

Frondosas Autóctonas.- Anuncio do 25 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas do monte comunal de Couso, no concello de Avión.

AUGAS DE GALICIA

Aproveitamento de augas.- Anuncio do 3 de setembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.106331).

BOP Lugo 9 DE OUTUBRO (232)

MINISTERIO DE TRANSPORTES E MOBILIDADE SOSTIBLE

Levantamiento de actas.- Resolución de la Dirección General del Sector Ferroviario por la que se abre Información Pública y se convoca a los propietarios de los bienes y derechos afectados al levantamiento de las actas previas correspondientes al Expediente de Expropiación Forzosa 398ADIF2598 motivado por las obras del “Proyecto de reparación de desmontes situados entre los PP.KK. 61+200 al 100+700 y del 111+700 al 112+000 del tramo Ortigueira – Ribadeo de la línea 740 Ferrol – Pravia” en los términos municipales de Burela, O Vicedo, Viveiro, Xove (Lugo), Mañón y Ortigueira(A Coruña).

BOP Ourense 9 DE OUTUBRO (194)

DEPENDENCIA DA ÁREA DE INDUSTRIA E ENERXÍA

Parques eólicos.- Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas pola que se desestima a solicitude de Green Capital Development 116, S.L.U., de autorización administrativa previa para o parque eólico “A Boibela”, de 72 MW de potencia instalada, e as súas infraestruturas de evacuación, situados nos termos municipais do Incio, A Pobra de Brollón, Quiroga e Ribas de Sil, situados na provincia de Lugo, e San Xoán de Río e A Pobra de Trives, na provincia de Ourense, acordando o arquivo do expediente PEol-376.