NORMATIVA DO DÍA 14 DE OUTUBRO DE 2025

Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial en ámbitos non urbanos.

DOUE 14 DE OUTUBRO

DECISIONES

FEAGA e FEADER.- Decisión de Ejecución (UE) 2025/2054 de la Comisión, de 13 de octubre de 2025, por la que se deducen de la financiación de la Unión Europea determinados gastos efectuados por los Estados miembros con cargo al Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) y al Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader).

Sanidad animal.- Decisión de Ejecución (UE) 2025/2069 de la Comisión, de 9 de octubre de 2025, por la que se modifica la Decisión de Ejecución (UE) 2025/1708, relativa a determinadas medidas de emergencia en relación con la dermatosis nodular contagiosa en Francia.

DOG 14 DE OUTUBRO (198)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

Ampliación do prazo de xustificación.- Orde do 9 de outubro de 2025 pola que se modifica o artigo 16 da Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro).

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Convocatoria.- Resolución do 30 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N e IN421O). (Extracto) (Concorrencia competitiva do 31.10.25 ás 9h ata 01.12.25 ás 23:59h. As solicitudes presentaranas as entidades colaboradoras)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 1 de outubro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do recurso de reposición contra a clasificación dos montes chamados Fontenla, Os Muchachos e Laxes, solicitados a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Fragas (Campo Lameiro).

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Polígono agroforestal.- Anuncio do 1 de outubro de 2025, de notificación da resolución do procedemento de revisión do parcelario e estado das parcelas e dos trámites previos da investigación da titularidade das parcelas do polígono agroforestal de iniciativa pública de Freixido, no concello de Larouco (Ourense) (expediente PA-22-05).

BOP Lugo 14 DE OUTUBRO (236)

XOVE

Extracto.- Da Resolución de alcaldía Nº 2025-1739 de 6 de outubro de 2025 pola que se aproba a convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva e tramitación anticipada das axudas a explotacións gandeiras de gando vacún do concello de Xove para o exercicio 2026.