NORMATIVA DO DÍA 21 DE OUTUBRO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 21 DE OUTUBRO (253)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Comisaría de Aguas de la Confederación Hidrográfica del Cantábrico, O.A., de información pública de expediente de aprovechamiento de agua de un sondeo en la parcela 22 del polígono 170 en Puebla de Burón, T. M. de A Fonsagrada (Lugo), con destino a uso ganadero. (A/27/24666).

DOG 21 DE OUTUBRO (203)

II. AUTORIDADES E PERSOAL

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Nomeamento.- Decreto 86/2025, do 13 de outubro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia. (Da CEG)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Concesións.- Resolución do 13 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, pola que se dá publicidade das beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN519F).(Só 6 dos 59 beneficiarios incorporaron sistemas para a retirada de diñeiro en efectivo)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 3 de outubro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de aceptación de modificación de revisión do esbozo do monte veciñal denominado Montes do Viso (ID3089), e Monte Puntal, Cabaleiro (parte norte) e Gándara (11 bis) (ID3091) da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso, no concello de Redondela (expediente RE22002).

CMVMC.- Anuncio do 3 de outubro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de aceptación de revisión do esbozo do monte veciñal denominado Pedreira, Amproa, Castro de Senín, Villaverde, Montiño, Freixeiro e Montecelo (ID2954), Monte Castrosenín (ID4558), Monte Cachadeiras (ID2972) e Monte Campo de Cons e Monte das Ceñas (ID2978) da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente, no concello de Pontevedra (expediente RE24006).

Granxa avícola.- Anuncio do 13 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se somete a información pública a implantación dunha explotación de galiñas de posta con capacidade para 80.000 prazas no lugar de Tribas, no concello de Pantón (Lugo) (expediente MR2025/004).

CONCELLO DE CARBALLO

Expropiación.- Información pública do proxecto de expropiación forzosa para executar as actuacións correspondentes ao xacemento arqueolóxico «Pedra Moura de Aldemunde» incluído no Parque do Megalitismo da Costa da Morte.

BOP Pontevedra 21 DE OUTUBRO (201)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Gando.- Licitación para o alleamento, mediante poxa pública, de gando vacún da Finca Mouriscade.