NORMATIVA DO DÍA 23 DE OUTUBRO DE 2025

Medidas cautelares pola dermatose nodular contaxiosa.

DOG 23 DE OUTUBRO (205)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Sanidade animal.- Resolución do 22 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se adoptan medidas cautelares en relación coa dermatose nodular contaxiosa.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Instalación eléctrica.- Acordo do 16 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e a declaración de utilidade pública, en concreto, da liña de alta tensión LAT 132 kV S.E. PE Suíme-S.E.T. PE Farelo, localizada nos concellos de Rodeiro e Agolada, promovida por Engie Proyecto Suíme, S.L.U. (expediente IN408A 2022/003).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 7 de outubro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a iniciación dun expediente para a posible clasificación do monte San Xoán de Barredo, concello de Castroverde (expediente 1/2025).

CMVMC.- Anuncio do 7 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se fai pública a proposta de deslindamento parcial con propiedades particulares do monte veciñal en man común Camilo, concello de Sober (Lugo) (expediente 2024_22DES).

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Estradas.- Resolución do 14 de outubro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de outubro de 2025, polo que se aproba o tramite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental de Conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria. Treito: Nadela-A Pobra de San Xiao, de clave LU/21/218.01, cun orzamento base de licitación, IVE incluído, de trinta e sete millóns trescentos oitenta e un mil trescentos cincuenta e dous euros con corenta e un céntimos (37.381.352,41 euros).