NORMATIVA DO DÍA 31 DE OUTUBRO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOUE 31 DE OUTUBRO

II. ACTOS NO LEGISLATIVOS

REGLAMENTO DE EJECUCIÓN DE LA COMISIÓN

Modificación. Reglamento de Ejecución (UE) 2025/2232 de la Comisión, de 29 de octubre de 2025, por el que se modifica el Reglamento (CE) n.o 1484/95 en lo que respecta a la fijación de los precios representativos en los sectores de la carne de aves de corral, de los huevos y de la ovoalbúmina

DOG 31 DE OUTUBRO (211)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Orzamentos.- RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2025 pola que se publica o estado de execución do orzamento da Comunidade Autónoma e as súas modificacións, e a situación da tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao segundo trimestre de 2025.

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Concesión.- RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se lles dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR802L).

Concesión.- RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se lles dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento TR802G e TR802J) (Diario Oficial de Galicia número 23, do 1 de febreiro de 2024).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concesión.- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2025 pola que se resolven as solicitudes de subvención para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2022, e convócanse para o ano 2025 (código de procedemento MR351A).

IV. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Instalación eléctrica.- RESOLUCIÓN do 2ACORDO do 6 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do proxecto da planta fotovoltaica Solar Castelo para a hibridación da central hidroeléctrica de Castelo, no concello de Lalín (Pontevedra), e promovida por Hidroeléctrica de Lalín, S.L. (FV 15/2024).

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

Anuncio.- ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Vila de Cruces, a efectos de delimitación do núcleo rural de Cumeiro.