NORMATIVA DO DÍA 18 DE NOVEMBRO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 18 DE NOVEMBRO (223)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

Veterinaria.- Orde do 5 de novembro de 2025 pola que se aproban os estatutos do Ilustre Colexio Oficial da Profesión Veterinaria da Coruña.

EFA.- Orde do 10 de novembro de 2025 pola que se declara de utilidade pública a Federación Escuelas Familiares Agrarias de Galicia.

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

Concesións.- Resolución do 6 de novembro de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e ás solicitudes non admitidas a trámite ao abeiro da Resolución do 14 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de actividades formativas non regradas e actividades de divulgación que impulsen o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia (código de procedemento IN501A).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Explotación.- Anuncio do 10 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se somete a información pública a ampliación dunha estabulación libre de gando vacún de leite ata as 761,60 UGM en Zaíde, parroquia de Zolle, 27183 Guntín (Lugo) (expediente MR2025/007). (Ganadería Bella, S.C.)

BOP Lugo 18 DE NOVEMBRO (265)

BÓVEDA

Madeira.- prego de cláusulas administrativas para o alleamento por poxa pública de masa arbórea de piñeiro pinaster situada na parcela catastral 27008A016003510000LW do Concello de Bóveda (Lugo).

BOP Pontevedra 18 DE NOVEMBRO (221)

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Caza.- Exposición pública do inicio do procedemento de creación da explotación cinexética comercial de caza menor Pena Cantadoira. (Lalín)