NORMATIVA DO DÍA 10 DE DECEMBRO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOUE 10 DE DECEMBRO

DECISIONES

IXP Ribeiras do Morrazo.- Publicación de la comunicación de una modificación normal aprobada del pliego de condiciones de una indicación geográfica con arreglo al artículo 5, apartado 4, del Reglamento Delegado (UE) 2025/27 de la Comisión.

DOG 10 DE DECEMBRO (238)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Maiores e dependencia.- Resolución do 26 de novembro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica, pola que se declara de interese galego a Fundación Serge+ e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Modificación das bases.- Resolución do 1 de decembro de 2025 da segunda modificación do Acordo do Consello de Dirección, do 10 de abril de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) e se anuncia a convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MR701L).

Concesións.- Resolución do 1 de decembro de 2025 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro do Acordo do Consello de Dirección, do 10 de abril de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e se anuncia a convocatoria para o ano 2025.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Parques eólicos.- Resolución do 2 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de outubro de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Paraño Oeste, sito nos concellos de Beariz (Ourense) e Forcarei (Pontevedra) e promovido por Eólica Galenova, S.L.U. (expediente IN661A DXIEM-02/11).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Anuncio.- do 24 de novembro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se dá publicidade á resolución do procedemento para instar a extinción en vía xudicial da Fundación Pedro Murias.

BOP Ourense 10 DE DECEMBRO (235)

ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

Parques eólicos.- Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas pola que se desestima a solicitude de Greenalia Wind Power Tramontana, S.L.U., de autorización administrativa previa e declaración, en concreto, de utilidade pública do parque eólico Tramontana, de 72,8 MW de potencia instalada, e da súa infraestrutura de evacuación, nas provincias de Pontevedra e Ourense, acordando o arquivo do expediente PEol-325. (Forcarei, Silleda e Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra e Beariz, na provincia de Ourense)

Parques eólicos.- Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas pola que se desestima a solicitude de Greenalia Wind Power Siroco, SLU, de autorización administrativa previa e declaración, en concreto, de utilidade pública do parque eólico SIROCO, de 61,6 MW de potencia instalada, e da súa infraestrutura de evacuación, na provincia de Pontevedra, acordando o arquivo do expediente PEol-323. (Cerdedo-Cotobade e Forcarei, na provincia de Pontevedra)